Moito antes de que os europeos chegasen á Illa de
Pascua en 1722, o pobo rapanui xa mostrou signos de declive demográfico,
segundo un novo estudo publicado en Proceedings.
Os investigadores esperaban atopar que os cambios
coincidiron coa chegada dos europeos, pero o seu traballo mostra que a
desaparición da cultura Rapa Nui comezou antes.
Os nosos resultados mostran que hai un pouco de
todo, pero o importante é que nos mostran evidencias de que algunhas
comunidades quedaron abandonadas antes do contacto europeo, sinalou Oliver
Chadwick, da Universidade de California Santa Bárbara.
Chadwick
uniuse aos arqueólogos Christopher Stevenson da Virginia Commonwealth
University, Cedric Puleston de UC Davis e Thegn Ladefoged da Universidade de
Auckland, no exame de seis zonas agrarias utilizadas polos nativos. A súa
investigación centrouse principalmente nos tres sitios para os que tiñan
información sobre o clima, a química do chan e as tendencias de uso do chan,
determinada por unha análise das puntas de lanza de obsidiana.
«Cando evaluamos o tempo que a terra foi
utilizada baseándonos na distribución por idades de lascas de obsidiana de cada
sitio, que utilizamos como un índice de presenza humana, atopámosnos/atopámonos
con que a zona moi seca e a zona moi húmida foron abandonadas antes do contacto
europeo», dixo Chadwick. «A área que tiña relativamente altos nutrientes e
precipitacións intermedias mantivo unha poboación robusta ata ben despois do
contacto europeo».
Estes resultados suxiren que a cultura Rapanui
reaccionou ás variacións rexionais e barreiras ambientais naturais para a
produción de cultivos suficientes en lugar de degradar o medio ambiente. Na
zona rica en nutrientes onde poderían producir máis alimentos, foron capaces de
manter un cultivo viable ata baixo a ameaza dos factores externos, incluíndo as
enfermidades europeas como a viruela, a sífilis e a tuberculosis.
«O retroceso das zonas marxinais suxire que os
Rapanui non podían seguir mantendo os recursos alimentarios necesarios para
manter a aqueles constructores de estatuas», concluíu Chadwick. «Así que vemos
a súa historia como unha loita contra as limitacións e e un retroceso máis que
como un colapso violento».