martes, 27 de diciembre de 2016

O ENCANTAMENTO DAS SERPES

As serpes provócannos un efecto mesturado de medo e curiosidade, xa que aínda que poden ser letais, teñen un comportamento imposible de predecir e, o seu corpo longo e vistosas cores, fanas interesantes.
Seguramente viches en TV ou, en persoa si tes sorte, a uns individuos que, tocando un instrumento similar a unha flauta, fanas moverse  e bailar. Trátase dos encantadores de serpes, un oficio tan vello como interesante. Queres saber como o fan?



Ser un encantador de serpes non é fácil, trátase dun oficio que se empeza a aprender desde a niñez e que normalmente pasa de xeración a xeración nunha mesma familia. 
As súas orixes datan do antigo Egipto, pero logo fóronse facendo máis comúns na India.
Xa non tan públicamente, podemos ver a estes homes  sentados ante unha serpe que se esconde nun recipiente  de mimbre e sae para moverse  mentres o encantador toca un instrumento coñecido como Pungi.
Os encantadores de serpes, traballan con animais adestrados. Xeralmente utilizan cobras, unha das serpes máis venenosas do mundo e teñen varias á súa disposición, pero os máis valentes atrévense con algunhas especies de pitóns de maior tamaño e viperas. Para evitar o risco dunha mordida velenosa, moitos extraen o veleno  dos seus colmillos.
Aínda que se cre que a serpe baila ao escoitar a música, a xente non sabe que estes animais non son capaces de oír. Os encantadores, utilizan as vibracións que produce o son do pungi e que as serpes senten a través da súa cabeza. Durante o seu adestramento, ensínaselles a tratar de cazar un obxecto similar ao pungi, moito máis duro.



Ao estar dentro dun cesto ou caixa, desprovistas completamente de luz, ao saír vense cegadas pola luminosidad e confunden ao pungi con outra serpe, polo que os movementos son máis ben defensivos ou de caza, mentres seguen con coidado ao suposto predador ou presa.
O encantador de serpes, sabe exactamente a que distancia colocarse; unha cobra, só é capaz de estenderse a un terzo da súa lonxitude dunha soa vez, sendo esa a medida a utilizar.
Xa sabes, si vez un espectáculo así, a serpe non está encantada ou hipnotizada, só confundida e principalmente famenta, xa que parte do adestramento está en non alimentalas, polo que morren pronto e o encantador de serpes comeza a traballar cun novo reptil.

jueves, 15 de diciembre de 2016

OS CAMALEÓNS

Eses estraños animais aos que admiramos absortos durante horas nas tardes de verán: os seus globosos ollos que se moven independientemente, a súa larguísima, rápida e certeira lingua bífida e sobre todo esa asombrosa habilidade para cambiar a cor da súa pel. Diso trata a curiosidade que vou desvelar, de como cambian a cor da súa pel os camaleons. Vailles sorprender o mecanismo.


Aprendemos que a cor das cousas depende dos materiais dos que están feitas, que o cobre dá unha chama azul, o sodio un amarelo intenso, e o estroncio un escarlata inconfundible. E sabemos que para tinguir fibras, colorear alimentos ou fabricar pinturas utilizamos pigmentos minerais ou orgánicos.


Todo iso é certo. Efectivamente, as moléculas dos pigmentos absorben determinadas lonxitudes de ondas do arco iris de cores da luz visible e reflicten outras, é dicir, reflicten a súa cor. Pero o novo que debemos aprender é que hai  cores que non se deben aos materiais que os compoñen senón a como están distribuídos estes materiais. Resulta que na pel do camaleón existe unha capa superficial con células que conteñen unhas boliñas de guanina dunha décima de milímetro. O sorprendente é que esas boliñas ordénanse ao tresbolillo formando un cristal no que a distancia entre elas é similar á lonxitude de onda da luz visible, é dicir formando un cristal fotónico, que difracta a luz visible. Cando a luz incide sobre ese cristal prodúcense interferencias que intensifican certas  lonxitudes de onda, certas cores. De que depende a cor intensificada? Pois da periodicidad do cristal fotónico, da distancia entre as boliñas de guanina.

Cando o camaleón está en calma, as boliñas de guanina forman unha malla pechada e a luz que se reflicte é azul. Cando o camaleón macho quere atraer a unha femia ou plantarlle cara a un contrincante, estira a pel e as bolitas de guanina sepáranse polo que a luz reflectida é de cor vermella. Por baixo desa capa de cristais fotónicos existe outra capa de células que tamén teñen esas boliñas de maior tamaño e máis desordenadas que  absorbe no infravermello próximo e que, xa que logo, é un eficaz termorregulador.

Saiban que os camaleons non cambian de cor para camuflarse senón para ligar e para pelexarse. E a nós, para que nos serve isto? Para aprender da vida a fabricar cristais fotónicos, traxes de camuflaje, tecidos intelixentes, etc?...




miércoles, 7 de diciembre de 2016

A DISLEXIA

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, que se dá en nenos que non presentan ningún hándicap físico, psíquico nin sociocultural e cuxo orixe parece derivar dunha alteración do neurodesarrollo.

Segundo o CIE-10, os disléxicos manifestan de forma característica dificultades para recitar o alfabeto, denominar letras, realizar rimas simples e para analizar ou clasificar os sons. Ademais, a lectura caracterízase polas omisions, sustitucions, distorsions, investimentos ou adiccions, lentitud, vacilacions, problemas de seguimento visual e déficit na comprensión.

Para Etchepareborda e Habib, 2000, a dislexia é unha dificultade para a descodificación ou lectura de palabras, polo que estarían alterados algún dos procesos cognitivos intermedios entre a recepción da información e a elaboración do significado.
O principal problema que ten a dislexia é que non é compatible co noso sistema educativo, pois, dentro deste, todas as aprendizaxes  realízanse a través do código escrito, polo cal o neno disléxico non pode asimilar certos contidos de materias como Coñecemento do Medio, porque non é capaz de chegar ao seu significado a través da lectura.

O neno/a disléxico debe poñer tanto esforzo nas tarefas de lectoescritura que tende a fatigarse, a perder a concentración, a distraerse e a rexeitar este tipo de tarefas. Os pais e profesores procesamos esta conduta como desinterese e presionamos para conseguir maior esforzo, sen comprender que estes nenos, realizando estas tarefas, séntense coma se de súpeto, calquera de nós, vísemonos/vísemosnos inmersos nunha clase de escritura chinesa.


A dislexia, é moito máis que ter dificultades na lectura e na escritura, xa que existen problemas de compresión, de memoria a curto prazo, de acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda, dificultades nas nocións espazo-temporais, debemos ter en conta que non existen dous disléxicos idénticos e xa que logo cada caso é único e non ten por que presentar a totalidade dos síntomas.