Para camuflarse e comunicarse.
É a principal conclusión dun estudo publicado recentemente
na revista Behavioral Ecology e realizado por investigadores da Universidade de
California (Davis, EE.UU.) e da Universidade do Estado de California.«Entender por que o panda xigante ten esta cor é unha vella incógnita que non se puido desvelar ata agora, porque como ningún outro mamífero ten esa aparencia, non se puideron facer analogías», explicou Tim Caro, primeiro autor do estudo e investigador na Universidade de California Davis.
Camuflaxe para a neve e bosques húmidos.
Os investigadores concluíron que a maior parte do
corpo do panda, como a cara, o pescozo, a barriga e a grupa, están coloreadas de
branco para facilitar que se poida esconder na neve. Con todo, os brazos e as
pernas son negros porque lle axudan a esconderse nas sombras do bosque, tal
como defenderon.
En canto á cabeza, explicaron que as marcas
escuras están relacionadas coa comunicación. Creen que as orellas negras
contribúen a intimidar a posibles agresores e que os parches escuros en torno
aos ollos son como unha pegada individual implicada no recoñecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario