As máis correntes son a fobia ao sangue (hematofobia), aos hospitais (nosocomefobia), aos lugares pechados (claustrofobia), aos ascensores, aos exames, á escuridade (escotofobia), aos cans (cinofobia), ás arañas (aracnofobia)..., pero existen centos delas. Algunhas son tan sorprendentes como o medo irracional á auga (hidrofobia), á choiva (ombrofobia), a estar sentado (catisofobia) ou aos paiasos (coulrofobia).
Hai quen lle ten un medo atroz a elementos
naturais como as flores (antofobia), as abellas (apifobia), as árbores
(dendrofobia) ou as tormentas (astrofobia). O nome máis raro para un destes
medos patolóxicos é o da hexakosioihexekontahexafobia ou fobia ao número 666.
As fobias xeneralízanse por un dobre mecanismo. Primeiro o afectado comeza a temer algo porque o asocia a algunha experiencia negativa; despois, trata de evitar iso que lle xera aprensión, o cal o léva a terlle cada vez máis medo. Rehuir o obxecto do seu temor faille mitificalo e aumenta a súa ansiedade ante cada encontro. O resultado é un ser humano consciente da irracionalidade do seu temor, pero ao que lle resulta moi difícil loitar contra el.

No hay comentarios:
Publicar un comentario