sábado, 8 de abril de 2017

A ILLA DA QUEIMADA GRANDE

Alí non atoparás máis que serpes velenosas.

Está situada a menos de 150 quilómetros da costa de São Paulo, pero os reptís que a habitan son tan letais que as autoridades restrinxiron ao máximo o acceso. Só poden poñer pé nos seus 43 quilómetros cadrados de superficie os científicos que xustifiquen a súa visita e obteñan os pertinentes permisos. A ameaza está en todas partes: calcúlase que alí hai entre unha e cinco serpes por metro cadrado.



Conta coa súa propia especie endémica, a «Bothrops insularis», unha serpe distinguible pola súa característica cor dourada, máis claro na parte inferior. A súa lonxitude media é de 70 centímetros, pero detectáronse exemplares de máis dun metro. Aliméntanse principalmente das aves que cometen a imprudencia de deterse a descansar na illa. Si se póusan no lugar equivocado, xamais volven alzar o voo.

Ao non cruzarse con humanos con demasiada frecuencia, non hai datos reais sobre o poder do seu veleno. O que si sabemos é que o 90% das mortes por picadura de serpe rexistradas en Brasil débense ao mordisco de reptís desta familia, moi similares á «Bothrops insularis». 


Como non podía ser doutro xeito, este enclave do océano Atlántico conta co seu propio relato de terror. Na illa hai un faro, que na actualidade funciona automáticamente, sen operarios. Di a lenda que fai anos, cando aínda estaba manexado por traballadores, as serpes coláronse nel pola noite e acabaron coa vida dunha familia enteira. Pai, nai e tres fillos. Non sabemos si é realidade ou ficción... pero polo que poida suceder, convén non achegarse a Queimada Grande.

No hay comentarios:

Publicar un comentario