viernes, 10 de febrero de 2017

QUE OCORRE NO LUGAR ONDE SE XUNTAN OS OCÉANOS?

Ken Bruland, profesor de ciencias oceánicas da Universidade de California en Santa Cruz, embarcouse nun cruceiro para estudar este fenómeno. De feito, el foi o que rompeu este mito que, a día de hoxe, aínda circula por internet.

O profesor Bruland dixo que o obxectivo da travesía era examinar os enormes remolinos no Golfo de Alaska que se estenden ao longo de centos de quilómetros de diámetro.
Eses remolinos a miúdo levan consigo enormes cantidades de sedimentos glaciais,grazas a enormes ríos como o Copper en Alaska. Este río desemboca ao leste de Prince William Sound (un entrante do Golfo de Alaska) levando consigo toda a pesada carga de arcilla e sedimentos.
En canto a esa foto específica, mostra unha columna de auga saíndo dun destes ríos ricos en sedimentos e reuníndose co auga do océano en xeral. Tamén é un mito que estes dous tipos de auga non se mesturan en absoluto.

Estes dous diferentes tipos de augas acaban mesturándose, pero fano gradualmente e leva o seu tempo, en función do nivel dos sedimentos e os caprichos das correntes. 

martes, 7 de febrero de 2017

A OUIJA

A ouija, o taboleiro repleto de números e letras co que supostamente se póde manter unha conversación cos espíritos do máis aló, non se move por cuestións sobrenaturais. 


Segundo explica un artigo publicado pola BBC , o chamado "efecto ideomotor" é o causante dos misteriosos movementos comunicativos dos espíritos. Segundo este fenómeno, as persoas realizan movementos inconscientes, de xeito automático, "que debe exceder certo limiar, do que se deduce que non depende da especificación dun obxecto para producirse (reflexos) similar á pilo-erección fronte a cambios térmicos".

A cuestión é que este fenómeno leva a moitos ao autoengano. Desde 1852 diversos investigadores trataron de explicar de modo científico que os movementos musculares poden producirse alleos aos designios da mente, feito que provoca que algunhas persoas prefiran crer na escritura automática, a radiestesia, a comunicación facilitada e, tamén a ouija. 


viernes, 3 de febrero de 2017

O TRIÁNGULO DAS BERMUDAS

Os sultáns do magufismo, término empregado na rede para designar aos defensores de teorías baseadas na acción de fenómenos paranormales, especialmente a maxia e os ovnis (UFOs), ven como a ciencia desmonta unha a unha, inexorablemente, as súas curiosas cosmoloxías. Malos tempos para as explicacións milagrosas, a pesar do éxito de pulseiras magnéticas ou parches de titanio.


Si da acción de seres extraterrestres se trátase, inmediatamente vén á nosa memoria o famoso Triángulo das Bermudas, unha área xeográfica de máis dun millón de quilómetros cadrados situado entre Porto Rico, Fort Lauderdale (Florida) e as illas Bermudas. Esta zona púxose de moda a mediados do pasado século a raíz da desaparición de varias embarcacións. Algúns escritores e xornalistas apresuráronse a acentuar estes sucesos como misteriosos, dando orixe ao mito.

Foi en 1974 cando o escritor Charles Berlitz, nunha obra plagada de imprecisións, converteu o misterioso triángulo nunha lenda coñecida en todo o mundo; (The Bermuda Triangle, 1978). Lonxe de desvanecerse, o “misterio” continúa cautivando ao público 30 anos despois.

Tralo estudo dos fondos mariños, un grupo de científicos chegou recientemente á conclusión de que o gas metano podería estar detrás destas desaparicións producidas na zona. A alta actividade volcánica orixinaría burbullas deste gas que, ao ascender á superficie, incrementarían exponencialmente o seu tamaño poñendo en serio perigo ás embarcacións e ata ás aeronaves que sobrevoan a zona, cuxos instrumentos se tornan imprecisos ante o repentino cambio na densidade do aire. Esta explicación podería poñer fin a varias décadas de especulacións.