Tamén chamada Illa das Bonecas, está situada
nunha canle do estado mexicano de Xochimilco e ofrece unha das estampas máis
aterradoras que podemos atopar en todo o planeta. A súa historia arrinca cando
Julián Santana Barreira, o dono da illa, descubriu o cadáver dunha nena pequena
nunha canle próxima e convenceuse de que a morte estaba relacionada con espíritos
malignos. Para evitar que os espíritos volvan e provoquen máis estragos,
comezou a coleccionar bonecas e partes de muñecos e a colgalas das árbores por
toda a illa, creando unha paisaxe absolutamente perturbadora. O home morreu en
2011, pero as bonecas aínda seguen colgadas das árbores. A illa, á que se pode
chegar en barco, converteuse nun macabro atractivo turístico para a zona.
No hay comentarios:
Publicar un comentario