viernes, 10 de febrero de 2017

QUE OCORRE NO LUGAR ONDE SE XUNTAN OS OCÉANOS?

Ken Bruland, profesor de ciencias oceánicas da Universidade de California en Santa Cruz, embarcouse nun cruceiro para estudar este fenómeno. De feito, el foi o que rompeu este mito que, a día de hoxe, aínda circula por internet.

O profesor Bruland dixo que o obxectivo da travesía era examinar os enormes remolinos no Golfo de Alaska que se estenden ao longo de centos de quilómetros de diámetro.
Eses remolinos a miúdo levan consigo enormes cantidades de sedimentos glaciais,grazas a enormes ríos como o Copper en Alaska. Este río desemboca ao leste de Prince William Sound (un entrante do Golfo de Alaska) levando consigo toda a pesada carga de arcilla e sedimentos.
En canto a esa foto específica, mostra unha columna de auga saíndo dun destes ríos ricos en sedimentos e reuníndose co auga do océano en xeral. Tamén é un mito que estes dous tipos de auga non se mesturan en absoluto.

Estes dous diferentes tipos de augas acaban mesturándose, pero fano gradualmente e leva o seu tempo, en función do nivel dos sedimentos e os caprichos das correntes. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario