A
ouija, o taboleiro repleto de números e letras co que supostamente se póde
manter unha conversación cos espíritos do máis aló, non se move por cuestións sobrenaturais.
Segundo
explica un artigo publicado pola BBC , o chamado "efecto ideomotor" é
o causante dos misteriosos movementos comunicativos dos espíritos. Segundo este
fenómeno, as persoas realizan movementos inconscientes, de xeito automático,
"que debe exceder certo limiar, do que se deduce que non depende da
especificación dun obxecto para producirse (reflexos) similar á pilo-erección
fronte a cambios térmicos".
A cuestión é que este fenómeno leva a moitos ao
autoengano. Desde 1852 diversos investigadores trataron de explicar de modo
científico que os movementos musculares poden producirse alleos aos designios
da mente, feito que provoca que algunhas persoas prefiran crer na escritura
automática, a radiestesia, a comunicación facilitada e, tamén a ouija.
No hay comentarios:
Publicar un comentario