Falar do sentido do xiro do auga equivale en términos máis científicos a preguntarse pola súa traxectoria. É un problema de dinámica. E esta ensina que para describir un movemento referido a un sistema en rotación hai que engadir a forza centrífuga e a chamada forza de Coriolis. Como a Terra vira, isto débese aplicar en principio ao movemento de calquera obxecto sobre ela.
Outra cuestión é si a magnitude desas forzas é suficiente para producir efectos observables. Limitándonos á forza de Coriolis debemos mencionar dúas peculiaridades: actúa en sentidos contrarios en ambos hemisferios, e a súa intensidade depende da latitude sendo proporcional á velocidade de rotación da terra sobre o seu eixe e a velocidade do obxecto que se move.
No caso que nos ocupa, a Terra vira moi lentamente (unha vez cada 24 horas aproximadamente), e o resto de parámetros fan que a forza da Coriolis en lavabos convencionais sexa absolutamente imperceptible fronte a outros factores que interveñen. Isto xustifica o comentario negativo inicial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario