Decorado de arriba abaixo con máis de 70.000 ósos
humanos e caveiras, este osario parece ser a tumba aberta máis grande do mundo.
Na súa orixe foi inspirado por unha lenda sobre a santificación do lugar onde
se levanta a través dunha palada de terra do monte Calvario, onde Cristo foi
crucificado. Quizá por iso, o osario se ha ir ampliando de forma constante
desde o século IV e os habitantes da zona consideran un un honor ter os seus
ósos expostos en tan macabra catacumba pública, incluso formando parte dun
candelabro de esqueletos.
Estimado/a visitante,douche a benvida a este blog que será a miña ferramenta de traballo para a asignatura de Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía no curso 2016/17. Durante o ano lectivo irei desvelando curiosidades que ao longo da historia teñen suscitado certo interese no ser humano. Espero que che guste.
martes, 25 de abril de 2017
O OSARIO DE SEDLEC
Ao
visitar a igrexa de Todos os Santos, situada no medio do campo preto de Kutná
Hora, na República Checa, tense a impresión de que os constructores do seu
osario impuxéronse o reto de crear o lugar máis macabro do mundo.
lunes, 24 de abril de 2017
CAL É A ORIXE DOS METEORITOS ?
Desde fai décadas, os astrónomos enfrontáronse a
un rompecabezas que non conseguían resolver. A inmensa maioría dos asteroides
que se achegan á Terra son dunha natureza que só ás veces (no 8 por cento dos
casos) coincide coa dos meteoritos que caen continuamente sobre o noso planeta.
Unha discrepancia difícil de explicar, especialmente si temos en conta que os
meteoritos son, na súa inmensa maioría, fragmentos de asteroides.
Un grupo de investigadores do Instituto
Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), cre achar unha explicación. As pequenas
rocas que impactan contra a Terra chegan ata nós en liña recta, directamente
desde o cinto de asteroides que hai entre Marte e Júpiter, e non, como
parecería máis lóxico, da poboación de asteroides que corteja o noso planeta.
Non foi un traballo fácil. Durante anos, os datos dun número cada vez maior de meteoritos caidos en todo o mundo foron pacientemente comparados cos obtidos do espectro dos grandes asteroides «veciños». Unha das conclusións máis significativas é que os nosos kilométricos acompañantes de cando en cando achéganse o suficiente como para ameazarnos cun impacto. O perigo, vén de fóra.
viernes, 21 de abril de 2017
AS CATACUMBAS DE PARÍS
Do mesmo xeito que outras grandes cidades
históricas, a capital francesa esconde moitos segredos baixo as súas rúas. Un
dos máis impresionantes son as súas catacumbas, onde miles de ósos esperan a
aqueles visitantes que ousen descender ata elas. Excavadas orixinalmente no
cemiterio dos Inocentes, as catacumbas parisinas compóñense de numerosos
corredores«tapizados» cos restos óusevos de miles de antigos habitantes da
cidade. Por iso, quen se atreven a visitalas teñen que prestar moito coidado
para non saírse dos camiños marcados, xa que os túneles deste sistema forman un
auténtico labirinto que esconde aínda moitos segredos por descubrir.
miércoles, 19 de abril de 2017
POR QUE NON PODEMOS VER UN ECLIPSE SEN LENTES PROTECTORAS ?
RETINOPATÍA SOLAR.
Este problema, descrito fai séculos por Galileo,
prodúcese cando a exposición directa aos raios de Sol é demasiado prolongada
(algúns expertos sitúan o límite nos 90 segundos).
Aínda que os mecanismos polos que se producen as
lesións non se coñecen con exactitude, os expertos suxiren unha combinación de
dano térmico e fotoquímico que se traduce en lesións que adoitan afectar ás
capas externas da retina e que causan disminución da agudeza visual, fotofobia,
visión distorsionada...
Estes síntomas aparecen horas logo da exposición e adoitan desaparecer espontáneamente. Con todo, tamén se poden producir danos neuronais irreversibles e ceguera, advirten os expertos.
Estes síntomas aparecen horas logo da exposición e adoitan desaparecer espontáneamente. Con todo, tamén se poden producir danos neuronais irreversibles e ceguera, advirten os expertos.
miércoles, 12 de abril de 2017
sábado, 8 de abril de 2017
A ILLA DA QUEIMADA GRANDE
Alí non atoparás máis que serpes velenosas.
Está situada a menos de 150 quilómetros da costa de São Paulo, pero os reptís que a habitan son tan letais que as autoridades restrinxiron ao máximo o acceso. Só poden poñer pé nos seus 43 quilómetros cadrados de superficie os científicos que xustifiquen a súa visita e obteñan os pertinentes permisos. A ameaza está en todas partes: calcúlase que alí hai entre unha e cinco serpes por metro cadrado.
Conta coa súa propia especie endémica, a «Bothrops insularis», unha serpe distinguible pola súa característica cor dourada, máis claro na parte inferior. A súa lonxitude media é de 70 centímetros, pero detectáronse exemplares de máis dun metro. Aliméntanse principalmente das aves que cometen a imprudencia de deterse a descansar na illa. Si se póusan no lugar equivocado, xamais volven alzar o voo.
Ao non cruzarse con humanos con demasiada frecuencia,
non hai datos reais sobre o poder do seu veleno. O que si sabemos é que o 90%
das mortes por picadura de serpe rexistradas en Brasil débense ao mordisco de
reptís desta familia, moi similares á «Bothrops insularis».
Como non podía ser doutro xeito, este enclave do océano Atlántico conta co seu propio relato de terror. Na illa hai un faro, que na actualidade funciona automáticamente, sen operarios. Di a lenda que fai anos, cando aínda estaba manexado por traballadores, as serpes coláronse nel pola noite e acabaron coa vida dunha familia enteira. Pai, nai e tres fillos. Non sabemos si é realidade ou ficción... pero polo que poida suceder, convén non achegarse a Queimada Grande.
martes, 4 de abril de 2017
O PARQUE DE VEIJO RÖNKKÖNEN
O bosque Parikkala, no leste de Finlandia, está
repleto de horribles estatuas que parecen perseguir a quen se adentra polos
seus carreiros. Esculpidas a tamaño natural por un traballador dun molino de
papel chamado Veijo Rönkkönen, estas deformes creacións artísticas pretenden
render tributo a diferentes disciplinas, por exemplo, as 200 posicións de yoga
que conseguiu realizar ata agora.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





