Aínda hoxe seguen maravillando ao mundo e á
ciencia, polo enorme esforzo e o enxeño empregado na súa construción.
Para elevar as súas imponentes pirámides, os exipcios
tiveron que trasladar xigantescos bloques de pedra e estatuas de toneladas de
peso polo deserto, e facíano sobre grandes trineos de madeira.
O enorme operativo que deberon despregar fala do
gran coñecemento técnico e organizativo desta civilización, que se baseou en
métodos simples.
O que acaban de descubrir os expertos en física da
Fundación para a Investigación Fundamental sobre a Materia (FOM) e da
Universidade de Amsterdam é que usaban un truco simple e efectivo para
facilitar o paso dos pesados trineos de madeira cargados con pedras: humedecer
a area pola que se deslizaban.
Ao
usar a cantidade adecuada de auga, din os científicos, podían reducir á metade
o número de obreiros necesarios para arrastrar os trineos.
A razón é que cando se agrega auga á area, xorden
as chamadas pontes capilares, pequenas gotiñas de auga que unen aos grans entre
si.
En presenza da correcta cantidade de auga, a area
húmida do deserto é ao redor de dúas veces máis firme que a area seca,
concluíron os físicos.
Polo tanto, un trineo deslízase con moita máis
facilidade sobre a area firme simplemente porque esta non se acumula por diante
do vehículo como o fai a area seca.
Segundo os científicos, os constructores exipcios
coñecían este útil truco.
E como proba, sinalan a pintura dunha das paredes
da tumba de Djehutihotep, xefe dunha das rexións do Alto Egipto durante os
reinados de Amenemhat II, Sesostris II e Sesostris III (1914-1852 a.C.) que
mostra claramente a unha persoa parada na parte dianteira do trineo arroxando
auga sobre a area.
Pero ademais de revelar algo máis sobre a destreza
daquela fascinante e antiga civilización, estes resultados tamén son
interesantes para as súas aplicacións modernas, aseguran os autores.