Outro mito que temos que desmitificar. De feito,
porque precisamente os raios tenden a ter "sitios favoritos" e
especialmente en localizacións altas.
Por exemplo, ao Empire State cáenlle como uns 25
raios ao ano. Hai un científico que se deu conta disto fai moito tempo. Ben
Franklin montou un anaco de metal no tellado da súa casa cun cable que ía
directamente a Terra, inventando así o pararraios.
Nunha película recente, A Guerra dos Mundos, os raios caían dúas veces no mesmo sitio, claro que aí era para levar alieníxenas ao subsolo.
Ninguén sabe que causa orixina os raios. Sábese
que as cargas que se separan lentamente de entre algunhas nubes orixinan
rápidas descargas eléctricas (raios), pero a cuestión de moitas investigacións
é como conseguen cargarse eléctricamente as distintas nubes. Con todo, os
lóstregos son moi frecuentes durante as tormentas, e cada minuto acontecen
preto de 6000 lóstregos entre as nubes e A Terra. Os raios tamén se atoparon en
planetas como Venus, Júpiter, Saturno, e Urano. A NASA creou a misión TRMM en
1997 cuxo obxectivo é medir a proporción de raios que caen no planeta Terra.