O DALTONISMO
O daltonismo (tamén
chamado deficiencia ou ceguera de cor), ocorre cando as cores non poden ser
vistas de xeito normal. Comúnmente, o daltonismo ocorre cando alguén non pode
distinguir entre certas cores, polo xeral entre verdes e vermellos, e
ocasionalmente azuis.
Na retina (o tecido sensible á luz que recubre a
parte posterior do ollo), hai dous tipos de células que detectan a luz: os
bastóns e conos. Os bastóns só detectan a luz e a escuridade, e son moi
sensibles a baixos niveis de luz. Os conos detectan a cor e concéntranse cerca
do centro da súa visión. Hai tres tipos de conos que ven a cor: vermello, verde
e azul. O cerebro utiliza a información proveniente destas tres células cónicas
de cor para determinar a nosa percepción da cor.


O daltonismo pode
ocorrer cando unha ou máis das células cónicas de cor están ausentes, non funcionan
correctamente, ou detectan unha cor diferente ao normal. Un daltonismo severo
ocorre cando hai unha ausencia dos tres conos; un daltonismo leve ocorre cando
hai os tres conos están presentes, pero algunha das células cónicas non
funciona normalmente e detecta unha cor diferente ao normal.
Hai diferentes grados de daltonismo. Algunhas
persoas con deficiencias leves de cor poden ver as cores normalmente con boa
luz, pero teñen dificultades cando a luz é tenue. Outras non poden distinguir
certas cores en calquera tipo de luz. A forma máis grave de daltonismo, no cal
todo vese en tons grises, é pouco común. O daltonismo usualmente afecta a ambos
ollos por igual e mantense estable ao longo da vida.

Polo xeral, o
daltonismo é unha condición coa cal se náce, pero pode adquirirse no futuro.
Cambios na percepción visual das cores pode significar unha condición máis
seria. Calquera persoa que teña un cambio significativo na percepción da cor
debe ver a un oftalmólogo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario