Eses estraños animais aos que admiramos absortos
durante horas nas tardes de verán: os seus globosos ollos que se moven
independientemente, a súa larguísima, rápida e certeira lingua bífida e sobre
todo esa asombrosa habilidade para cambiar a cor da súa pel. Diso trata a
curiosidade que vou desvelar, de como cambian a cor da súa pel os camaleons.
Vailles sorprender o mecanismo.
Aprendemos que a cor das cousas depende dos materiais dos que están feitas, que o cobre dá unha chama azul, o sodio un amarelo intenso, e o estroncio un escarlata inconfundible. E sabemos que para tinguir fibras, colorear alimentos ou fabricar pinturas utilizamos pigmentos minerais ou orgánicos.
Todo iso é certo. Efectivamente, as moléculas dos
pigmentos absorben determinadas lonxitudes de ondas do arco iris de cores da
luz visible e reflicten outras, é dicir, reflicten a súa cor. Pero o novo que
debemos aprender é que hai cores que non
se deben aos materiais que os compoñen senón a como están distribuídos estes
materiais. Resulta que na pel do camaleón existe unha capa superficial con células
que conteñen unhas boliñas de guanina dunha décima de milímetro. O sorprendente
é que esas boliñas ordénanse ao tresbolillo formando un cristal no que a
distancia entre elas é similar á lonxitude de onda da luz visible, é dicir
formando un cristal fotónico, que difracta a luz visible. Cando a luz incide
sobre ese cristal prodúcense interferencias que intensifican certas lonxitudes de onda, certas cores. De que
depende a cor intensificada? Pois da periodicidad do cristal fotónico, da
distancia entre as boliñas de guanina.
Cando o camaleón está en calma, as boliñas de guanina forman unha malla pechada e a luz que se reflicte é azul. Cando o camaleón macho quere atraer a unha femia ou plantarlle cara a un contrincante, estira a pel e as bolitas de guanina sepáranse polo que a luz reflectida é de cor vermella. Por baixo desa capa de cristais fotónicos existe outra capa de células que tamén teñen esas boliñas de maior tamaño e máis desordenadas que absorbe no infravermello próximo e que, xa que logo, é un eficaz termorregulador.

Saiban que os camaleons non cambian de cor para
camuflarse senón para ligar e para pelexarse. E a nós, para que nos serve isto?
Para aprender da vida a fabricar cristais fotónicos, traxes de camuflaje,
tecidos intelixentes, etc?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario