Estimado/a visitante,douche a benvida a este blog que será a miña ferramenta de traballo para a asignatura de Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía no curso 2016/17. Durante o ano lectivo irei desvelando curiosidades que ao longo da historia teñen suscitado certo interese no ser humano. Espero que che guste.
O daltonismo (tamén
chamado deficiencia ou ceguera de cor), ocorre cando as cores non poden ser
vistas de xeito normal. Comúnmente, o daltonismo ocorre cando alguén non pode
distinguir entre certas cores, polo xeral entre verdes e vermellos, e
ocasionalmente azuis. Na retina (o tecido sensible á luz que recubre a
parte posterior do ollo), hai dous tipos de células que detectan a luz: os
bastóns e conos. Os bastóns só detectan a luz e a escuridade, e son moi
sensibles a baixos niveis de luz. Os conos detectan a cor e concéntranse cerca
do centro da súa visión. Hai tres tipos de conos que ven a cor: vermello, verde
e azul. O cerebro utiliza a información proveniente destas tres células cónicas
de cor para determinar a nosa percepción da cor.
O daltonismo pode
ocorrer cando unha ou máis das células cónicas de cor están ausentes, non funcionan
correctamente, ou detectan unha cor diferente ao normal. Un daltonismo severo
ocorre cando hai unha ausencia dos tres conos; un daltonismo leve ocorre cando
hai os tres conos están presentes, pero algunha das células cónicas non
funciona normalmente e detecta unha cor diferente ao normal. Hai diferentes grados de daltonismo. Algunhas
persoas con deficiencias leves de cor poden ver as cores normalmente con boa
luz, pero teñen dificultades cando a luz é tenue. Outras non poden distinguir
certas cores en calquera tipo de luz. A forma máis grave de daltonismo, no cal
todo vese en tons grises, é pouco común. O daltonismo usualmente afecta a ambos
ollos por igual e mantense estable ao longo da vida.
Polo xeral, o
daltonismo é unha condición coa cal se náce, pero pode adquirirse no futuro.
Cambios na percepción visual das cores pode significar unha condición máis
seria. Calquera persoa que teña un cambio significativo na percepción da cor
debe ver a un oftalmólogo.
Nunca a través da hipnosis se póde conseguir
que alguén realice un acto en contra da súa vontade. O contrario é un dos moitos
mitos que flotan por encima deste concepto. Os científicos consideran a
hipnosis como un fenómeno psicolóxico que se estuda dentro dos laboratorios. E
para os profesionais da saúde é unha técnica que pode aumentar a efectividad de
moitas terapias. Debido a estas novas formas de comprender a súa práctica
existen sociedades científicas que a estudan, revistas rigorosas sobre o tema,
centos de investigacións publicadas, másteres universitarios…, que aos poucos
están varrendo esa atmosfera fantasmagórica que a envolve.
Transo.
Un profundo e soporífico transo onde o suxeito se ve inmerso seguindo a voz
grave e lenta do hipnotizador, acatando as súas ordes coma se fose un fiel
autómata. Non. A hipnosis non é nada diso. De entrada, non existe ningún
transo, ningún estado alterado de conciencia. Isto é, a persoa non entra nunha
condición especial diferente á da vixilia. As investigacións demostraron que
non existen indicadores psicofisiológicos ou neurofisiológicos exclusivos do
estado hipnótico.
Si non é un transo, que é? Unha das definicións máis comprensibles é a de
Robert Fisher: “é un estado da mente no que a xente pode entrar e saír con
frecuencia sen necesidade de ser hipnotizado. É como ir ao cine e esquecerse do
ruído das palomitas, da conversación dos outros e do runrún do aire
acondicionado, porque a atención céntrase na película”.
Coa hipnosis pódese ir moito máis alá. Pódese conseguir que un suxeito
alucine, que vexa un elefante diante del. Ou pola contra, que experimente unha
alucinación negativa, que a mesa que ten en fronte desapareza da súa vista. Da
mente da persoa hipnotizada tamén se pode eliminar información. Coma se
utilizásemos unha goma de borrar, pódese extraer o número cinco do seu cerebro.
De tal forma, que cando se lle pide que conte os seus dedos un a un, empeza:
un, dous, tres, catro, seis, sete, oito, nove, dez e once. E quédase perplexo
de ter ¡once dedos!
Pódese conseguir, nalgúns casos, que os
suxeitos hipnotizados experimenten “regresións” á infancia ou á mocidade.
Pregúnta clave é: realmente a memoria increméntase ou son só imaxinacións? É
certo que a hipnosis pode provocar a evocación de recordos esquecidos, pero ás
veces a imaxinación tamén pon o seu sal.
Son moitas as patoloxías ou trastornos nos que
a hipnosis mostrou a súa eficacia: ansiedade, depresión, fobias, tabaquismo,
asma, trastornos dermatológicos, síndrome do colon irritable, náuseas e vómitos
na quimioterapia, sometemento a procedementos médicos estresantes, dismenorrea,
dor crónico, queimaduras, estrés postraumático… Ás veces aplícase como un
elemento máis do tratamento.
Para que a un o hipnoticen, o primeiro que ten que
facer é querer. Non pasa como nas películas. Si unha persoa se nega, non hai forma
de hipnotizarla. Ademais, hai que ter capacidade de atención, é dicir, debe
poder centrarse exclusivamente nas palabras do hipnotizador, si non, non será
posible a hipnosis. E, en terceiro lugar, debe deixarse levar. Si durante a
sesión de hipnosis empezamos a pensar: “non noto nada”, “isto é unha tontería”,
será difícil hipnotizarnos. O espírito crítico habémolo de gardar no peto,
porque doutro xeito ocorre como cunha película: non nos deixaremos atrapar polo
argumento.